«Os nosos temas son todos peliagudos e tratámolos no 'galego escocido'»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

Piñeiro e O Bordelo levan 18 anos agasallando teatro por Reis en Cervo

03 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Chega a noite de Reis e con ela a función de teatro do grupo O Bordelo de Cervo que, dende hai 18 anos, tráelles ós mariñáns e aos seus seguidores un agasallo moi especial: o estreo dunha obra nova. Francisco Piñeiro é o pai desta iniciativa.

-Dezaoito anos son moitos anos. Este estreo é un clásico ¿Como o consegue?

-Si, somos como os Nenos de Viena. Faise porque o público apoia e nos vamos da man do pobo. Ven vela xente de Cervo, da Mariña, de Lugo e doutros sitios da provincia; xa están chamando para saber a qué hora é. Veñen mesmo oteadores a ollar a obra para levala logo ós circuítos. A que presentamos é como un prototipo que vamos perfeccionando nas primeiras representacións ata redondeala como queremos. Escribímola a finais de novembro, cando remata a tempada, e empezamos a ensaiala a turbo, mañá e tarde, para tela lista para Reis.

-E con moitos seguidores

-Somos como a París de Noia, pero sen cobrar. É un fenómeno curioso, empezamos hai 20 anos, pero isto do Nadal, ten 18. Cando empezamos non había ningún grupo estable na comarca e agora son uns dez, aínda que algúns hibernan, fan como paradas, pero nós somos constantes. Traballamos moito por Ferrol, incluso gañamos premios; alí cren que somos importantes. Acórdome cando gañamos o primeiro premio entre 37 compañías. O premio, aparte de económico, era ir representar unha obra ó Jofre. Cando chegou o momento nos preguntaron cánta xente levabamos. ¿Cantos técnicos de son teñen? Cinco, contestei. ¿E de iluminación? Cinco. ¿E tramollistas? Cinco. ¿E actores? Cinco. Xa lle dixen, é que somos cinco e todos temos que facer de todo.

-¿Seguen sendo cinco?

-Non. Agora somos seis. Dolores Viamonte Rey, Mª Paz Rodríguez Silva, Xosé Vicente Mon Canoura, Antonio González-Patoso, Xosé Manuel González-Copa e eu. Creas unha familia. Polo grupo pasaron 24 actores, incluso os fillos meus e de algún actor, pero cando se van á Universidade non lles podes esixir facer 30 ou 40 representacións ao ano. Houbo algún que libramos dous fins de semana en todo o ano. É incrible.

-¿E economicamente?

-Perdemos diñeiro. Cada vez que saímos perdemos 8 horas diarias. Pero si vamos a Salvaterra, por exemplo, tras facer a representación ás dez e media da noite, cando volvemos para a casa son as seis e media de mañá. Hai actores que traballan no porto ou en Alcoa, que xa van directo para o traballo. Somos un grupo pequeno para ser funcionais. Intentamos facer un horario compatible. Somos unha familia extensible, igual que o noso teatro. É un teatro humorístico de corte social, baixo a de broma dicimos as verdades máis serias. Os nosos temas son todos peliagudos, pero tratámolos no ?galego escocido?, non no galego normativo. É como ler o xornal; non les o que pon senón o que quere dicir. Temos moitos sketchs deste tipo (...).

-¿Ten algunha obra preferida?

-(...) Aquí na Mariña, ?Os amores do mariñán?. Eu quedeime asombrado en Muimenta que un señor me repetía de pe a pa escenas desa obra. Logo con outros grupos ?A derradeira batalla do Marqués de Sargadelos?, obras feitas para museos, como o de Lugo e Tor, como ?Catalina de San Tiso? ou ?Cova da Serpe?.