«Roma xa ten os candidatos a bispo de Mondoñedo-Ferrol»

Rodríguez Basanta sigue á fronte do bispado, que leva sete meses en sede vacante

Rodríguez Basanta, no claustro da catedral mindoniense o día que o nomearon administrador.
Rodríguez Basanta, no claustro da catedral mindoniense o día que o nomearon administrador.

viveiro / la voz

O mariñán Antonio Rodríguez Basanta sigue ao timón do bispado de Mondoñedo-Ferrol, onde foi elixido administrador diocesano tras ser trasladado a Cantabria o anterior mitrado, monseñor Sánchez. Mentres o Vaticano non decide quen ocupará o posto vacante do anterior bispo, Rodríguez Basanta ocúpase do goberno da diocese.

-¿Qué sabe deso? Hai novas sobre quen vai ser o novo bispo mindoniense?

-O 1 de xaneiro cúmprense sete meses de sede vacante. Eu vin ao nuncio papal varias veces e lle preguntei; me di que estamos á espera de que dende Roma lle digan o nome da persoa elixida e de que esa persoa acepte o nomeamento.

-¿Quere dicir que xa hai candidatos?

-Quere dicir que os trámites fixéronse, que dende a Nunciatura se xestionou, enviou informes a Roma das persoas que poden ser posibles candidatos. O traballo por parte da Nunciatura está feito. As propostas xa están preparadas.

-¿Coñécense os nomes da terna? ¿Hai datas fixadas para o nomeamento?

-A proposta é segreda e datas non me deron. Hai que seguir esperando.

-¿Como leva o cargo de administrador diocesano?

-Con normalidade e a veces apurado. Compaxino ser párroco en Ferrol, exercer de vicario xeral, ser director de Dumio e administrador diocesano. A veces xúntase todo e é un pouco estresante nalgúns momentos.

-¿Nestes sete meses como administrador que aspectos do seu traballo destacaría?

-Hai un goberno ordinario día a día. Destacaría os nomeamentos que houbo que facer para asumir as vacantes dos sacerdotes que pediron xubilarse por razón da súa idade. Eu neste primeiro ano non teño autoridade para nomear párrocos, pero si houbo que facer a xestión para dar solución a esa situación. Logo a apertura da porta da Misericordia da catedral de Mondoñedo, a clausura do V Centenario de Teresa de Xesús e outros eventos importantes.

-¿Vese preparado vostede para ser bispo?

-Iso non o teño que dicir eu, nin evaluarme nese sentido. Eu teño que estar pendente da labor actual e cando nomeen bispo, movernos todos para organizar a súa toma de posesión. Entre o Consello de Consultores, formado por oito sacerdotes, e o cabido catedralicio. Pero ese momento non chegou, agardemos que chegue. En España somos catro administradores diocesanos. O máis antigo é o de Palencia, logo seguimos nos con sete meses de sede vacante, logo Menorca, con catro meses e agora acaban de nomear administrador en Logroño, ao pasar o bispo que había alí a arcebispo de Barcelona. Somos catro dioceses as que estamos pendentes de que se nomee bispo e ademais, hai varios bispos pendentes de xubilación. Como se demore moito máis, as vacantes vanse acumulando; sinal de que Roma sopesará moito a decisión para escoller ás persoas máis idóneas para os postos.

-¿Vostede espera ser nomeado bispo?

-Non o espero e si estou preparado ou non o decidirán outros. O de ser bispo é máis unha responsabilidade e un servizo que un prestixio social ou de renome. É un cargo para o que hai que estar preparado.

O protagonista. Rodríguez Basanta exerce como administrador diocesano, director de Dumio, vicario xeral e párroco

A diócese. Leva sete meses sen bispo

Situación. Palencia, Menorca e Logroño están tamén sin bispo coma Mondoñedo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

«Roma xa ten os candidatos a bispo de Mondoñedo-Ferrol»