«Pídennos facer as visitas a Rei Cintolo»

Inmaculada Eiroá González
INMA EIROÁ MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Federación e Concello de Mondoñedo abordaron tamén a creación dun museo

18 dic 2015 . Actualizado a las 17:55 h.

Mondoñedo acolleu en días pasados a asemblea xeral da Federación Galega de Espeleoloxía, entidade que preside Francisco Martínez.

-¿Por que elixiron Mondoñedo para celebrala?

-É un punto que nos viña ben para xuntarnos todos; temos alí un albergue, é unha concesión do Concello ata 2023 e ó mesmo tempo para ter unha reunión co Concello para que a Federación poda firmar un convenio co Concello para regularizar as visitas á Cova do Rei Cintolo e tamén porque no barrio do Vilar hai unha serie de edificacións que se lles quere dar un uso deportivo ou turístico e estamos falando co Concello a ver si chegamos a acordo para que nesas casas do Vilar se poida facer un centro de interpretación da espeleoloxía e xestionalo conxuntamente co Concello de Mondoñedo e ó mesmo permita xestionar a cova.

-Queren facer convenio co Concello para regularizar as visitas ¿En qué consiste?

-E a proposta que nos fixo o Concello de Mondoñedo e en principio parécenos ben. Estamos traballando en esta proposta. Temos que determinar aínda como vai ser. Basicamente é que os técnicos da Federación farían o guiado das visitas. Pero está por concretar.

-E no referente ao complexo de Vilar ¿Plantexan unha cesión...?

-En principio queremos falar e si se pode, chegar a facer alí algo que mereza a pena tanto para o Concello como para a Federación, que podería ser un centro de interpretación ou un museo de espeleoloxía en Galicia,

-¿Cantos socios son?

-Federados somos 552; deportivamente somos unha federación minoritaria, pero estamos crecendo. Do ano pasado a este temos unhas cen licencias máis, eramos catrocentos corenta e tantos e agora somos 552. Son 19 clubs.

-¿Cómo está a situación das Covas?

-Temos un serio problema co tema da Rede Natura, cada vez hai más esixencias cos permisos. Isto limita bastante actividade. Si para acceder a unha cavidade unha persoa ten que solicitar o permiso a través de un trámite administrativo que é o rexistro e ten que facelo en papel...Isto retarda os trámites; sería convinte que a administración os axilizara e que se puidera facer de maneira electrónica para que cada persoa o puidera facer dende o ordenador da súa casa. Isto facilitaría a práctica do deporte tanto nas covas como no descenso de barrancos. (...) Neste momento a maioría das covas e cañós están en Rede Natura e nos obriga a pedir permiso. Non se entende moi ben que unha federación deportiva onde cada deportistas leva o seu seguro e ten un control da federación e unha formación técnica teña que pedir este tipo de permisos e, por exemplo, para visitar a Praia das Catedrais, os permisos os poidan dar os hoteis.. Non entendo isto moi ben.

-¿Fan moita actividade aquí?

-Nos temos aí en Argomoso un refuxio e iso facilita o aceso á cova. Poden ir en fin de semana e teñen onde dormir, cociñar... Iso unido a que é a máis importante de Galicia, que arredor hai outras covas e un número importante de barrancos en Mondoñedo e Alfoz e concellos limítrofes fai que un número importamnte de deportistas se mova nesa zona.

Diagnóstico de Rei Cintolo. A cova toda ela está agora bastante ben conservada. O problema é anterior, sobre todo na galería principal, onde entrou moita xente polo seu fácil acceso. Aí fixeron grandes destrozos, sobre todo na primeira sá despois do vestíbulo; romperon moita estalagtita e estalagmita. Dende que hai verxa está mellor.