«Xove é moi atractivo para vivir»

s.o.

A MARIÑA

PEPA LOSADA

«Todos os veciños son importantes, por eso protexemos aos maiores»

09 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

«Non perdemos poboación, levamos anos cunha cifra estable de entre 3.400 e 3.400 veciños», explica Demetrio Salgueiro, alcalde popular de Xove. Ao seu xuízo, a clave está en que no concello «temos un nivel de servizos equiparable ao de pobos grandes». Traballa o equipo de goberno co obxectivo de que os xovenses «se sintan orgullosos, que teñan un concello cómodo, porque Xove é moi atractivo para vivir, estamos a un paso de todo e ofrecemos servizos de calidade».

-¿Por que un día do xubilado?

-É un xesto, un gasto non insoportable co que levamos 23 anos, incluso cando a crise apretaba máis. Os maiores meréceno porque foron e siguen a ser un sustento moi importante para a nosa sociedade. Para nós todos os veciños son importantes, por eso tamén protexemos aos noso maiores, que son unha parte notable da nosa poboación.

-¿Que intentan con esa festa?

-O mesmo que con todas as actividades que facemos no resto do ano: protexer á xente maior, que ten menos posibilidades, tratar de que non se sintan sós, de que teñan oportunidade de socializarse, de compartir con outras persoas. Importa moito porque hai núcleos con pouca poboación e dende o Concello queremos darlles todas as opcións posibles para que convivan dos demais.

-¿Que máis lles ofrecen?

-Aparte dos actos lúdicos e culturais que organizamos para todos os veciños, os nosos maiores teñen en Xove un servizo de axuda no fogar, moi importante para máis de cen familias. Dispoñen tamén dunha Escola de Maiores, un referente en Galicia porque foi das primeiras e que, aparte dunha labor de socialización, permítelles reforzar coñecementos e aprender, manter activos mentes e corpos. Pero o Concello tamén lle ofrece á xente de máis idade ximnasia de mantemento e obradoiros de bordado, bolillos, ioga, pilates...

demetrio salgueiro, alcalde do concello de xove