A Croa e o Castelo, en Xove, son dous novos xacementos arqueolóxicos xa catalogados

La Voz XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

Fue el colectivo MariñaPatrimonio el que planteó la solicitud

28 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Croa e o Castelo son dous novos xacementos arqueolóxicos xa catalogados como tais por Patrimonio no Concello de Xove, despois da solicitude realizada por Mariña Patrimonio.

O castro da Croa atópase no lugar coñecido tamén como Antemil, na parroquia de Xuances. Trátase dun castro costeiro no que se observa un sistema defensivo composto por dous parapetos e máis un foxo. O sistema defensivo vese reforzado pola súa estratéxica situación, así como pola impresionante altura do cantil no que se atopa, tal e como explica Manuel Miranda.

Por outra banda, o xacemento de Castelo, actualmente plantado de eucaliptos, é un recinto fortificado por un só parapeto e atópase a uns 400 metros do castro costeiro e xacemento medieval de San Tirso de Portocelo.

A súa catalogación por Patrimonio dótaos de protección legal para garantir a súa conservación.