Tres mariñáns son os protagonistas da vida política provincial

Son Elena Candia, Darío Campos y Antonio Veiga


VIVEIRO / LA VOZ

Si, tres mariñáns protagonizan estes últimos días a vida política provincial arredor da Deputación. Son, como saben, Elena Candia, a presidenta polo PP e á súa vez alcaldesa de Mondoñedo; Darío Campos, rexedor da Pontenova e aspirante a presidir o 8 de outubro o goberno da Deputación polo PSOE, e Antonio Veiga, do BNG, concelleiro en Barreiros e que de trunfar a moción de censura xa presentada repetiría como vicepresidente único no ente provincial. Quedan 12 días que poden dar aínda para moito. Mesmo deparar máis dunha sorpresa. Co San Froilán polo medio e as San Lucas ás portas. 

Elena Candia

Elena Candia é a primeira muller que acada a presidencia da Deputación Provincial. Sabíase desde un primeiro momento que estaba aí como unha sombra no pazo de San Marcos a ameaza da moción de censura despois de todo o acontecido co socialista Manuel Martínez. Nestes primeiros meses Elena Candia, traballadora como é, amosou disposición e gobernou e tomou decisións como se non fora a pasar nada inmediato; como debe ser por outra parte. Pero chegou a moción de censura que uns e outras agardaban: aí non houbo sorpresa. Os días, sabíase, estaban contados.

Darío Campos

Quen é Darío Campos?  Por qué el o elixido para presidir a Deputación? Mágoa que sobre María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, pese neste momento unha imputación porque podería ser unha perfecta candidata con todos os apoios que ten e co resultado que obtivo nas municipais. Apartados Santín e Manuel Martínez tamén no PSOE definitivamente, Darío Campos non parece presentar problemas; un político aparentemente «limpo», sen conflitos, sen demasiado protagonismo e que repite un terceiro mandato na Pontenova polo PSOE con maioría absoluta. Ten dedicación parcial como alcalde, cun salario de 40.000 euros, e compaxina a política coa súa profesión de veterinario. Ata agora.

Antonio Veiga

Antonio Veiga, do BNG, xa ocupou nos últimos catro anos a vicepresidencia da Deputación e a áreas de Cultura e Deportes. Non se pode negar que mirou pola Mariña, probablemente máis ca ninguén, nesa xestión cunha política de axudas e acción social importante. Influíu de seguro para que o BNG mellorase os resultados na comarca.

E Elena Candia viuse, de súbeto, coa alcaldía de Mondoñedo e coa presidencia da Deputación (con isto último nin ela mesma contaba ata que Martínez, Manuel Martínez, deu a sorpresa naquela sesión que todos temos aínda na memoria). E, no que puido, aproveitou ben este curto espazo de tempo. A muller de Lindín, a neta da leiteira como lle gusta lembrar a ela, normal, non estivo quieta. Elena Candia sabe moverse, ten disposición e gañas, que tamén é importante. A ver en que queda todo isto.

Se isto fora unha obra de teatro quedaría aínda por ver o desenlace, o máis emocionante. Todos presumimos o final, está aparentemente claro, pero ao mesmo tempo é como se desconfiáramos aínda. Como se non descartáramos que puidera pasar algo. Non sabemos. (Martínez ao fin e ao cabo segue aí polo medio; quere Vías e Obras no novo goberno e segue imputado; o seu é un personaxe que dá xogo e pode dalo ata o final ou aparecer outro de súbeto para maior asombro como nos mellores textos teatrais). 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Tres mariñáns son os protagonistas da vida política provincial