A foto da lúa chea sobre a capela de san Roque de Viveiro, nas aulas de Primaria do sur do Reino Unido

dani caxete viveiro / la voz

A MARIÑA

CAXETE

El autor, Dani Caxete, agradece el reconocimiento del Observatorio de Greenwich

20 sep 2015 . Actualizado a las 08:42 h.

Gostaríame dar as grazas ao Observatorio de Greenwich do Reino Unido, contando por cuarto ano cunha das miñas fotos no seu concurso Insinght Astronomy Photographer of the Year 2015 de fotografía astronómica de gran repercusión a nivel mundial. Un segundo premio na categoría Our Moon coa foto «Estación Espacial Internacional sobre o Terminador Lunar» é realmente satisfactorio, xunto coa selección de dúas fotos máis: «Mancha Solar Xigante entre as Torres de Madrid» e «Lovejoy e Constelacións de Inverno», para o libro Insinght Astronomy Photographer of the Year 2015.

Grazas a este tipo de concursos onde respétase a autoría e remunera o traballo do fotógrafo, un pode seguir invertindo en equipo material e desprazamentos para facer fotos tan virales coma aquela que publicou (en primicia) La Voz de Galicia do «Banco máis bonito do Mundo» e fíxose noticia nacional. Un soño para calquera fotógrafo que, cunha soa foto, motivou tantas viaxes de turistas e visitantes vacacionais, tertulias, artigos de prensa, reportaxes radiofónicos e televisivos, onde o único agradecemento recibido foi por parte do señor Rafael (o creador do banco).

A día de hoxe sigo abrindo os emails ou atendendo chamadas de felicitacións, coa ilusión seica algunha delas sexa do Concello ou Administración Pública correspondente.

Fai un tempo tamén daquela «Lúa chea sobre a Capela de San Roque» que despois de estar colgada noFox Talbot Museum da fundación conservacionista británica National Trust, percorreu coa exposición «Earht & Sky» gran parte de Europa levando o nome de Viveiro e o seu patrón ao seu carón. Hoxe colga nas aulas das escolas de primaria do Sur de Reino Unido para que os seus estudiantes a utilicen nas súas clases de ciencia.

Ás veces sintes certa frustración porque este tipo de proxectos humildes e autofinanciados que o único que pretenden amosar é a beleza, cultura ou ciencia da Nosa Terra, só se fagan populares en medios de comunicación cando o recoñecemento ben alén dás nosas fronteiras?Os que non, a maioría? «perderanse como bágoas baixo a choiva?.

Emporiso coma outros tantos, seguirei a traballar por amor á arte e a miña terra e en especial coma unha forma de gratitude por todo ese agarimo e felicitacións recibidas por tanta xente non só de Galiza.

A todos eles dedícolles este último premio.