A Supercopa de todos: de Lucas, de María, de Salomé, de Neves...

Mario Pillado

A MARIÑA

18 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Xeralmente acostumo a darlle tempo os feitos para reflexionar e crearme unha opinión. Por iso unha vez pasados uns días dende que as guerreiras laranxas trouxeran de Madrid a Supercopa e unha vez dadas as felicitacións oportunas, tanto como afeccionado como en calidade de concelleiro, gustaríame entrar a valorar o acadado.

Por sorte non é a primeira vez que o CD Burela FS acada un título a nivel estatal, pero dende unha vila coma Burela non debemos acostumarnos ó éxito posto que é sabido que a nosa loita deportiva é en clara desvantaxe fronte a outros clubs. Máis ben debemos acostumarnos ó traballo e á perseveranza, para seguir a competir ó máis alto nivel nos ámbitos feminino e masculino, porque esa é a nosa maior grandeza, a de ter convertido a igualdade de xéneros en realidade no eido deportivo da nosa vila. Os mais meniños ven a un ídolo tanto en Matamoros coma en Peque, ven un gran capitán tanto en Edu coma en Maite, algo que non acontece en ningunha outra vila nin cidade.

E se este é un trunfo da igualdade agardemos que mais cedo que tarde veñan trunfos da base, posto que con xa tres canteiráns no cadro masculino e coa expectativa dun equipo filial feminino, semella que non se fala dun mero espellismo. A base humaniza o deporte de elite e achega o club á xente da rúa, fai que nenos, pais e profesionais podan intercambiar opinión sobre os éxitos e os fracasos, fai que, por exemplo, A SUPERCOPA SEXA DE TODOS.

Sí de todos. Tanto das que meteron os goles como das que non puideron participar na final; tanto dos que estaban alí en Madrid coma dos que estaban cun ollo no cancha e outro na tele do bar vendo o final do encontro. A Supercopa é do parqué de Vista Alegre, da pista azul inferior e da pista de cemento que hai debaixo de todo ese conglomerado, na que fai moitos anos afeccionados e nenos rabuñabámolos nosos xeonllos e dignificábamos por vez primeira o deporte do Fútbol Sala. A Supercopa é do Porto, do Hospital, do Parque, das Catedrais, da ponte da Misericordia, dos Remedios, da Festa Castrexa e das Galipizzas. É de Lucas, de Pablete, de María, de Alberto; pero tamén de Salomé, de Uxía, de Isabel a do pavillón e de Ródenas. É da Pataca, pero tamén de Palestina e de Maketos, así coma dos rapaces da escola que aprenden a bater un bombo en cada partido.

Isto é o que penso como afeccionado, mais coma concelleiro non teño un parecer moi diferente, posto que si a Supercopa é de Alfredo Llano, tamén é de Antón Veiga, cun inmenso traballo dende a vicepresidencia da Deputación de Lugo ou incluso de González Barcia. Pero sobre todo, a Supercopa tamén é de Neves Cando, que foi quen apostou dende o principio pola igualdade neste club e nesta vila, quen sempre xestionou pensando por e para o deporte e a igualdade e quen aportou solucións cando se sucederon problemas.

En definitiva, a Supercopa é de todos, porque dende Burela, dende A Mariña dende Galiza somos potencia no estado, pero sempre todos xuntos. Imos Burela!!!!!!!!!

Mario Pillado é o voceiro do BNG no Concello de Burela.

Duelo ante Vietnam en favor de la Asociación Debra

El Burela y la selección de Vietnam disputarán el próximo miércoles, a las 20.30 en Vista Alegre, un partido benéfico en favor de la Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. A la presentación acudieron Sofía Méndez y Francisco Muñoz, de la asociación; Ramiro Fernández, edil burelense; Manuel Blanco, presidente del Burela; y Bruno García, seleccionador vietnamita.