«Crín nas rapazas dende o minuto un neste equipo»

I. D. R. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

15 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando Iván Cao, «Lucas» tomou as rendas do equipo feminino do Burela moitos pensaron que era unha aposta arriscadada. Un adestrador novo, da casa e sen experiencia na élite. Pero o tempo comeza a dar a razón aos dirixentes laranxas e hoxe Lucas é campión galego e supercampión de España.

-De Terceira a ser supercampión de España, quen llo ía dicir hai medio aniño...

-Ao final é o que desexamos tódolos adestradores. Ir progresando pouco a pouco, máis sendo no club da casa, onde te formaches. Chegar ao máis alto co Burela é unha gran alegría.

-Foron os da primeira metade os mellores minutos dende que adestra a este equipo?

-Durante a pasada campaña houbo moito momentos dun nivel altísimo. Pero está claro que a primeira metade foi boísima e máis tendo en contra que enfronte tíñamos ás mellores.

-Que pasou nese comezo da segunda parte?

-Elas mostraron o potencial que teñen. Nós tíñamos un resultado moi favorable e creáronnos moito perigo con Ari e Ju, especialmente.

-Chegou a velo perdido?

-Está claro que con 4-3 se puxo moi complicado e xurdiron as dúbidas. Pero creo dende o minuto un neste equipo e nestas rapazas e nas súas posibilidades.

IVÁN CAO, LUCAS ENTRENADOR burelista

«Tódolos adestradores desexamos ir progresando... máis sendo no club

onde un se formou»

ESPECIAL SUPERCOPA DE ESPAÑA