Veciños de Conforto entregan 742 euros de donativos para loitar contra o cancro

Es dinero sobrante recaudado en la parroquia para defender el patrimonio local


A PONTENOVA / LA VOZ

A asociación de veciños da parroquia de Conforto, na Pontenova, entregou 742,14 euros á delegación de Lugo da Asociación Española de Loita contra o Cancro. Esta cantidade de diñeiro correspóndese coas doazóns non empregadas na defensa do patrimonio da parroquia e dos veciños acusados polos responsables parroquiais de Riotorto e de Conforto.

Esta medida de destinar o diñeiro aforrado a algunha entidade benéfica xa fora decidida en asemblea polos veciños tempo atrás. A asociación veciñal aproveitou tamén para agradecer a todos os doantes, fregueses e devotos de Conforto, polo seu apoio na defensa do patrimonio histórico e cultural e da solidariedade mostrada cos veciños acusados.

Nun comunicado de prensa a organización no quixo entrar a facer valoracións das actitudes e feitos acontecidos, aínda que si quixeron mostrar a súa satisfacción con ter «cumprido coa nosa obriga cidadá de poñer en coñecemento dos estamentos eclesiásticos, xudiciais, gobernamentais e administrativos correspondentes os danos ocasionados ao patrimonio de séculos que viñemos herdando dos nosos antepasados».

Para finalizar, desde o colectivo fan un chamamento aos responsables xudiciais e administrativos competentes «para que os feitos denunciados teñan o castigo que legalmente lles corresponde», asi como poñer «un pouco de cordura no tratamento que desde algunhas institucións se lle está a dar ao patrimonio».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Veciños de Conforto entregan 742 euros de donativos para loitar contra o cancro