«Trouxemos a La Guardia e a Celtas Cortos e este ano a Revólver»

A MARIÑA

CEDIDA

O concerto do grupo de Carlos Goñi abrirá mañá as citas patronais locais

27 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

5, 4, 3, 2, 1... ¡Chegan as festas do Conde Santo en Lourenzá! Arrancarán mañá, venres, da man da asociación que leva o mesmo nome que a cita, baixo a presidencia de Noé Recalde e integrada por un grupo de rapaces que hai uns anos decidiron que a vila non podía quedar sen festa.

-A asociación creouse para organizar o Conde Santo.

-Somos un grupo de rapaces e rapazas, todos do pobo. O maior terá uns 33 anos e o máis xoven 24. Empezamos a formar a asociación cando quedáramos sen festas patronais. Pero tamén facemos teatro no inverno, o antroido, unha festa temática... distintas actividades para ir sacando cartos para as festas patronais.

-¿Como lembra aquel ano no que non houbera festa local?

-As anteriores comisións foranse desgastando. Un ano ofrecérase a vir Vivarium gratis. Fora o peor ano, non houbera festa.

-Hoxe en día, a verdade, non o teñen fácil os das comisións.

-Bota para atrás por todos os requisitos e problemas que poñen as institucións para facer os eventos. Aquí cada un de nós tén o seu traballo ou está estudando pero hai que estar pendiente de mandar os papeis. Pero, entendemos, ten que haber un control.

-Este venres arrancarán forte, co concerto de Revólver.

-Hai 20 anos había moi boas festas. Viñera Manolo Escolar (eu debía ter doce anos), María Jímenez... e quixemos recuperar iso. Así que no noso primeiro ano trouxemos a La Guardia, o ano pasado a Celtas Cortos e este Revólver. Co de Celtas Cortos tivemos máis de 4.000 personas, o campo a tope. Fixeran tres cuartos de hora máis de concerto. A verdade é que estamos contentos e damos as grazas ao pobo de Lourenzá, veciños, comercios. E estamos abertos a quen queira meterse na asociación. Toda axuda é ben recibida. Queremos que veña moita xente a Lourenzá.

NOÉ RECALDE presidente da asociación conde santo de lourenzá