A Feira do Libro de Viveiro aposta polo público infantil nesta nova edición

Abrirá as súas portas entre os días 13 e 16 deste mes de agosto

El programa de la Feira do Libro se presentó ayer.
El programa de la Feira do Libro se presentó ayer.

VIVEIRO / LA VOZ

A Feira do Libro de Viveiro, que celebra a súa decimonovena edición, terá lugar do 13 ao 16 de agosto nos Xardíns Noriega Varela, coincidindo no mesmo espazo que a Feira de Artesanía. O público poderá asistir en horario de mañá, de 12 a 14 horas, e de tarde, de 18 a 22 horas.

As librarías Pedreira, Porta da Vila, Cartabón, Nobel Burela e Aenea son os cinco negocios que estarán presentes no evento, dúas menos que o ano anterior. Ademáis delas, a Deputación de Lugo e o Seminario de Estudos Terra de Viveiro terán cadanseu posto.

Acompañando estes stands estará a iniciativa da biblioteca infantil, unha ludoteca onde os nenos poderán pasar o día e realizar actividades especialmente enfocadas á literatura, permitindo que os pais poidan disfrutar da mostra.

Na mesma liña, esta feira adicada ao libro é a única en Galicia que conta cun pregón infantil, que este ano correrá a cargo de Ana Gabriela Chaves, unha ávida lectora de 11 anos, alumna do CEIP de Covas, en Viveiro.

O programa de actividades da feira tamén contempla a participación de autores emerxentes e de renome, como é o caso do surfeiro invidente Aitor Francasena, o xornalista Antón Losada ou o poeta Paco Rivas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

A Feira do Libro de Viveiro aposta polo público infantil nesta nova edición