Emotivo concerto do Día da Patria en Ribadeo

s. c. / d. g.

A MARIÑA

O coñecido gaiteiro Carlos Núñez fixo parada no Rei das Tartas, en Mondoñedo.
O coñecido gaiteiro Carlos Núñez fixo parada no Rei das Tartas, en Mondoñedo.

Carlos Núñez pasou por Mondoñedo e visitou ao Príncipe das Tartas

28 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

1O parque de San Francisco, na vila ribadense, acolleu como saben vostedes o pasado sábado un concerto moi especial para conmemorar o Día da Patria Galega a cargo da Banda Municipal de Música, concerto que organizou a asociación Amadores da Música. Esta actuación foi seguida por numerosos veciños e veciñas da vila e tamén por visitantes a última hora da tarde, unha tarde moi agradable por certo con altas temperaturas.

Baixo a dirección de

David Ballester

2A Banda Municipal de Música estivo dirixida por David Ballester Martínez e neste concerto tivo un protagonismo moi especial tamén o finado Hernán Naval, ex diretor da banda; interpretaron un arranxo de Hernán Naval sobre a Sinfonía Número 2 de Andrés Gaos, e outra composición del, propia, «Lonxe do mar», moi emotivas. O público desfrutou da música e da tarde no parque central ribadense. Non foi o único acto co que se celebrou o Día de Galicia, tamén no Eido Dourado -ese espléndido espazo cultural do artista Celso Dourado na praia das Pasadas en Barreiros- houbo música con Vai Trío, experimentados músicos que anteriormente estiveron en formacións tan coñecidas como Luar na Lubre ou Fía na Roca.

O gaiteiro Carlos Núñez no Rei das Tartas, en Mondoñedo

3Falando de música, quen tamén pasou pola Mariña foi o coñecido gaiteiro Carlos Núñez, que fixo parada na cafetería e pastelería do Rei das Tartas ao pasar por Mondoñedo. Fíxose unha foto con Carlos Folgueira, o Príncipe das Tartas, na porta da cafetería, Alí puido ver o museo do Rei das Tartas e desfrutar dun café, de paso -seguro- cara algunha actuación. O bó tempo que acompaña tamén na Mariña este verán fai que se multipliquen os visitantes e o turismo. Está a ser en xeral un moi bo mes de xullo, como non se lembra en anos atrás.