«Quería transmitir as miñas sensacións»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

14 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Ermida de Santo Estevo

é un dos lugares favoritos

de Sofía García Estua. Disque ten augas milagreiras e igual por iso lle deron sorte á pequena fotógrafa para gañar a edición 2015 do concurso fotográfico de Ecovoz. Ten once aniños e xa ten claro que de maior quere ser farmacéutica.

-¿Esperabas gañar?

-A verdade é que non. Puxen todo o meu esmero en recompilar fotos e escoller a que máis reflectira o que é o medio ambiente e como se debería coidar.

-Foi boa escolla, ¿non?

-Si. Esta foto collía todo o que eu quería expresar.

-¿Onde está tomada?

-É nun bosque onde hai unhas escaleiras, cun río moi bonito.