«Contamos facer un encontro chulo, serán 900 palilleiras!»

A MARIÑA

É a cifra de asistencia máis alta que consiguen para a cita deste sábado

27 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de mil persoas superarán o volume de asistencia en Burela este sábado con motivo do IX Encontro de Palilleiras que organiza As Encaixeiras, asociación que preside Paqui Romo, xunto coa Fundación Expomar. Ademáis das habituais citas, este ano haberá dous pases dun desfile do deseñador Javier Eijo.

-Esta é a novena edición e preside o colectivo dende o ano pasado. ¿A cantos socios integra?

-Estou como presidenta dende o ano pasado pero na asociación sumo 7 años. Son uns 135 socios.

-¿Todos palilleiros?

-Temos xente palilleira pero tamén outra que borda, porque ademáis dos de encaixe de bolillos tamén facemos cursos de bordado en tul, pintura en tea, de cociña e estamos facendo un de bolillos para nenas. É unha forma de chamar a atención á xente.

-Xa antes soían facer ese tipo de cursos as asociacións de amas de casa e viúvas máis ben.

-Os cursos de bolillos e bordado son un complemento. A xente ten ganas de facer as cousas pero o concello empeza nesas actividades en novembro. Sobre todo é para o que está na casa, lle apetece facer algo, o necesita.

-Necesita, ¿en que sentido?

-Quitar o estrés, salir da casa, tomar un café cos amigos...

-E aos homes, ¿non lles gusta tanto este tipo de actividade?

-Na nosa asociación non hai ningún home palilleiro. Incluso quixemos captar nenos, pero nada. Aínda que ao encontro deste ano van vir nenos palillar.

-¿É máis «cousa de mulleres»?

-Falta de empezar o primeiro home, pero si sei que os hai. A verdade, son moi minotarios.

-¿Canta xente prevén xuntar este sábado, día 30, en Burela?

-Contamos facer un encontro chulo coma outros anos ¡Seremos unhas 900 palilleiras! Á organización pillounos de sorpresa tanta inscripción, pero estamos contentísimas. Nunca tanta xente tivemos. É o ano que máis xente temos. Virán de toda Galicia, Asturias e algo de León pero sobre todo de Galicia. Facilitamos ás asociacións os números de teléfono dos restaurantes que colaboran con nós. O encontro vai ser na nave de redes e ao tela libre de todo este ano pola Feira Expomar, por iso podemos dar esta cabida. A asistencia, se Deus quere vai pasar das mil persoas, porque tamén hai comercios que veñen con artesanía do bolillo.

A cita será no porto de Burela, mañá e tarde. Patrocinan Concello de Burela, Absa, Confraría de Pescadores de Burela e Deputación de Lugo. Ademáis de Javier Eijo colabora a profesora Ángeles Blanco Rega.

paqui romo presidenta da asociación de palilleiras as encaixeiras de burela