«Ribadeo no mundo», mitin do BNG

ribadeo / la voz

A MARIÑA

MIGUEL

Fernando Suárez sacou peito do traballo feito estes anos

20 may 2015 . Actualizado a las 16:58 h.

Onte foi o mitin central do BNG de Ribadeo e o actual alcalde e candidato nacionalista, Fernando Suárez, sacou peito do traballo feito estes anos: «O PXOM, tan necesario para Ribadeo; deixamos a economía municipal saneada, a residencia de anciáns pola que tanto loitamos; a harmonía e diálogo na corporación local e aí está Ribadeo no mundo, coa maior proxección turística, cas Catedrais». Suárez estivo apoiado por Ana Miranda, europarlamentaria do BNG.