Mil nen@s, mil primaveras

O Correlingua desenrolouse este ano en Ribadeo


Onte nesta mesma sección falabamos do espíritu olímpico e hoxe, de novo, facemos referencia a el pero noutra clave. Uns mil rapaces dos centros educativos da Mariña correron con ese ánimo a prol da lingua berrando ao unísono «Galego, a nosa creación», o lema deste ano dun Correlingua 2015 que se desenrolou en Ribadeo con algunha que outra variante debido ao tempo pois a marcha comezou en Illa Pancha, este ano coa incorporación dunha carreira pero non competitiva, pero non rematou como preveía o programa inicial no Cantón, senón no pavillón de deportes, onde tivo lugar a festa de clausura con Xurxo Souto.

Poemas e música

Ademáis de actuar o grupo gañador do Cantalingua, María Ron, profesora no IES Marqués de Sargadelos, coordinou a parte musical que se compuxo, explicaba onte, por unha Cantiga de Santa María e un mix de muiñeiras de Cristina Pato, recitáronse poemas e alumnos do Gregorio Sanz leron o manifesto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Mil nen@s, mil primaveras