Hoxe preséntase en Burela a Feira do Mar, Expomar

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

Se celebrará del 14 al 17 de mayo

06 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe ao mediodía preséntase no Concello de Burela a nova edición da Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar 2015, que se celebrará na localidade do 14 ao 17 de maio e que convertirá a Burela no maior foro de debate en temas pesqueiros durante eses días.

Na presentación hoxe comparecerán o alcalde González Barcia; o xefe territorial do Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio, e membros da comisión executiva da feira. Expomar está plenamente consolidada e convertiuse xa nunha feira náutico pesqueira de referencia en Galicia.