Os veciños de Celeiro de Mariñaos contarán cun parque biosaludable e cunha área de xogos infantís

La Voz BARREIROS/ LA VOZ

A MARIÑA

A Área de Benestar Social da Deputación, que preside Antonio Veiga, destina 18.000 euros

09 ene 2015 . Actualizado a las 18:48 h.

Os veciños e veciñas de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, contarán cun parque biosaludable e cunha zona de xogos infantís a carón das antigas escolas. Desta obra encargarase a Área de Benestar Social da Deputación, que dirixe o nacionalista Antonio Veiga, e que destina un orzamento de 18.000 euros. O parque biosaludable está destinado á realización de exercicio físico por parte das persoas maiores. A obra estará rematada nas vindeiras semanas. Con esta actuación, que parte dunha solicitude da asociación veciñal desta parroquia, pretende completarse a dotación das antigas escolas de Celeiro de Mariñaos como centro social e cultural e como lugar de lecer e esparcemento para a veciñanza.