Música e teatro hoxe na presentación do libro de Miguel Sande en Viveiro

viveiro / la voz

A MARIÑA

Carlos Nuevo, cronista de Viveiro
Carlos Nuevo, cronista de Viveiro

Participarán Carlos Nuevo, cronista; a xoven actriz Lara F. Noriega e o cuarteto de corda do Conservatorio viveirense

28 nov 2014 . Actualizado a las 12:00 h.

no día das librerías ás 20 horas en porta da vila

Hoxe -día das librerías- ás oito da tarde na librería Porta da Vila de Viveiro Miguel Sande, escritor e xornalista, delegado de La Voz de Galicia na Mariña, presentará o seu último libro, «Sabes que mamá quería ser bailarina».

Será presentado por Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro e presidente do Seminario Terra de Viveiro, que colabora no acto. Haberá música a cargo do cuarteto de corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, que interpretará tres pezas breves, e a xoven actriz Lara Fernández Noriega, promotora do Espacio Teatral Crea en Viveiro, fará unha dramatización dunha parte do libro. O acto, aberto a todo o público, está programado para 30-40 minutos.

«Sabes que mamá quería ser bailarina» conta a historia dunha moza universitaria que queda embarazada cursando o último ano de carreira e debe decidir qué facer. Este texto foi premiado no certame Calderón de la Barca, do Ministerio de Cultura, e quedou finalista do Premio Nacional de Teatro.

Tamén foi traducido ao castelán pola Asociación de Directores de Escena de España. É narración, é teatro e tamén é poesía. Literatura. Hoxe as librerías fan descontos do 5 %.