«Agora hai que ofrecer máis alicientes, tes que moverte»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Leva dende hai dous meses as rendas do establecemento e da súa cociña

27 nov 2014 . Actualizado a las 12:00 h.

Estamos a punto de iniciar outro momento de cambio, dun ano a outro. No caso de Casa Foguete de Ribadeo Ángel Pena Monasterio (1964, Sante-Trabada) deu un paso adiante hai dous meses tomando as rendas do local, despois de 14 anos integrado na sociedade de Casa Jano.

-A súa traxectoria profesional, ¿sempre foi a un e outro lado da ría de Ribadeo?

-Si, empecei en Tapia de Casariego con Pepe Santiago, tamén traballei en Navia, Xijón e Oviedo, en Palma de Mallorca algo e en Suiza algo, en Valencia. Sempre practicando, sempre aprendendo.

-En Casa Foguete leva a parte de administración e cociña. Son dúas tarefas totalmente distintas, ¿cal é a que menos lle gusta?

-Son cousas distintas, si. A de administración xoroba algo. Nunha daslle máis á cabeza e noutra máis á creatividade.

-A nivel de cociña, ¿cal é o estilo que quere imprimir aquí?

-Quero levar o que é o meu estilo pero tamén meter cousas nouvas. Hai que ir cambiando. Agora estamos con xornadas.

-¿Teñen tirón esas iniciativas?

-As xornadas moven xente. Netas que estamos e acaban este fin de semana ofrecemos catro platos a 20 euros por persoa. É un menú degustación. O 13 de decembro temos unha cea-baile e para Fin de Ano haberá outra tamén.

-¿Que ocorre no sector hosteleiro para que haxa que ir máis alá de ofrecer menú do día e carta?

-É verdade que antes non facía falta molestarse tanto porque tiñas xente pero agora coa crise e ao ser máis restaurantes hai máis competencia. Agora hai que ofrecer máis alicientes, tes que moverte.

-Nalgunhas ceas-baile xa se incorpora barra libre, transporte...

-Algunhas desas cousas quero meter. Así, na de Fin de Ano estou pensando en dar servizo de transporte gratuito. O menú costa 65 euros. E haberá baile. Temos un salón principal no que collen arredor de 150 personas e dous pequenos, reservados para os que queren intimidade.

-¿Que ofrecerá en Fin de Ano?

-Aperitivos típicos, boi de mar recheo de salpicón e cachopo de pescada recheo de centolo, lechazo de Castela ao forno con ensalada, tarta San Marcos e típicas delicias navideñas, uvas da sorte e bodega. Ás tres da mañá haberá chocolate con churros.

Primeiro: Revolto de algas con ourizo

Segundo: Entrecot de boi

Postre, bebida, café e chupito

Primeiro: Fabas con ameixas

Segundo: Lubina á grella

Postre, bebida, café e chupito

18 euros/persona