Sés falará das letras das súas cancións mañán en Viveiro

VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

12 nov 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Carlos Callón foi o encargado a pasada semana de abrir as Xornadas sobre Lingua e Cultura que organiza a asociación cultural Pensamento e Sementeira na cidade do Landro. Programadas para os xoves do mes de novembro, mañá tocará, por tanto, unha nova cita con novo ou nova protagonista. Trátase da cantautora galega María Xosé Silvar, coñecida artísticamente como Sés, para quen non será a primeira visita a Viveiro.

Ela falará, sinalan dende a organización do ciclo, «sobre a súa experiencia como cantautora en galego, e en feminino, con letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario».

Este segundo relatorio das Xornadas sobre Lingua e Cultura terá lugar na sala da planta baixa da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Viveiro, a partir das 20.30 horas.