«Eu digo», a fala de Ribadeo arrasa en Internet

J.A.Q. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Os cinco alumnos ribadenses que interveñen no vídeo, nunha imaxe captada de «Eu digo».
Os cinco alumnos ribadenses que interveñen no vídeo, nunha imaxe captada de «Eu digo».

10 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado venres, o vídeo Eu digo, elaborado por un grupo de alumnos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo coordinados polo profesor Suso Fernandez Acevedo e coa colaboración de Tania Fernandez Faílde ?que se encargou da montaxe?, acadadara en catro días 7.400 visitas. La Voz de Galicia fíxose eco do traballo, unha resposta solidaria e complice ao vídeo Ghalegho, de alumnos de Ribeira, no que se defendía o modo de falar da zona do Barbanza. Os de Ribadeo, con Eu digo, tamén se amosan orgullosos da súa fala, e de todas as variantes do galego. Pois ben, a nova publicada pola Voz foi unha das máis lidas do día, e coa axuda que supuxo colgar o vídeo na web do xornal, ao rematar o sábado xa superaba as 18.000 visitas. E a cifra segue medrando.