«Ningunha outra feira ou festa ten a maxia que teñen As San Lucas»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Mañá, xoves, arranca unha das citas máis antigas incluso de Europa

15 oct 2014 . Actualizado a las 09:40 h.

Toca falar de As San Lucas. Traspasa o ambiente dunha feira e festa normais. Hai que sacarlle o sombreiro a unha das máis antigas xa de Europa. Unha responsabilidade grande organizalas para a comisión que preside Miguel Souto, como confirma.

-¿Como se afronta iso?

-Se estás nesto falo con ilusión. É un orgullo e unha gran responsabilidade, o que non o tome así mal. Da moitísimo traballo pero estamos contentos. O importante é: as cousas ben e habelas feito. Así o penso. Con ese fin o fas. Todos os que traballamos na comisión tratamos de que todos os galegos se sintan orgullosos. Facer as presentacións en Xixón e Santiago foi por dalas a coñecer para que todos estean orgullosos dunha das feiras de máis tradición de Europa.

-Os nervios non se irán, supoño, ata o martes 21.

-Estás en tensión. É imposible ter controlado todo. Procuras que todo saia ben e que a xente veña.

-Outra veterana na provincia, o San Froilán en Lugo, este ano deu pé a moito debate...

-Bueno, sempre se quere que saia ben. O tema dos postos é unha tarea difícil e pouco grata pero procuramos buscar o diálogo, así se resolve. As nosas son feiras e festas moi esperadas, e iso se transmite de xeración en xeración. A xente merca con máis alegría, será porque son as últimas do ano, e sempre son positivas para os feirantes. Creo que cumplimos obxectivos de feirantes e visitantes. Os primeiros quedan comprometidos en volver o vindeiro ano. De feito, moitos dos que van ao San Froilán baixan ás San Lucas.

-Este ano a novidade é a retransmisión da baixada dos cabalos a través de pantalla xigante.

-É espectacular. Había anos que quería facelo e a sorte é que tivo gran acollida por mindonienses, visitantes e gandeiros. Tamén penso que o concerto de Kepa Junquera vai ser un gran éxito, e o de Pablo López. As San Lucas teñen un carácter especial que lle da a combinación de música, festa, feira, arte, tradición... unha singularidade. Outras feiras, penso, non teñen esa maxia e iso tamen o ve xente que ven de fóra.