«En política, ás veces, hai que empezar desde moi abaixo»

m.c. foz / la voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O exvoceiro de Unifoz, que aínda non recibiu confirmación de alta no PSOE, confía en crear ilusión e gañar afiliados

09 sep 2014 . Actualizado a las 15:29 h.

Jaime Cancio, exvoceiro de Unifoz, está pendente de que o PSOE o acepte como militante de base para volcarse nunha nova etapa política activa. Mentres o edil desfrutaba esta fin de semana con outros focenses dunha viaxe a Teruel, na vila de Foz escenificábase un novo capítulo da división interna no seo do partido socialista: a decisión de 42 afiliados de abandonar o PSOE en solidaridade cos catro edís expulsados que agora pediron incorporarse ao grupo mixto e de non adscritos.

-¿Que lle parece esta fuga de afiliados, entre eles o exrexedor García Rivera?

-Creo que ás veces algún pobo para conseguir a paz ten que enfrentarse a algunha guerra. Esta situación víaxe vir, pero non creo que sexa malo para o PSOE. Si agora quedan cen afiliados hai que pensar que ao mellor dentro duns meses haberá moitos máis. Hai que dar pasos firmes, pero sempre con democracia e transparencia. En política, ás veces, hai que empezar desde moi abaixo.

-¿Non se sente vostede o causante de toda esta polémica?

-Eu non me considero tan importante para ser o protagonista disto. Eu sigo pensando que son unha persoa que procuro unir máis que dividir, sumar máis que restar.

-Aínda non recibiu confirmarción da súa petición de afiliación ao PSOE, ¿que espera desta nova etapa en política?

-Para min é volver á casa onde me criei politicamente. É o partido no que me quero xubilarme politicamente. Si me presento ou non ás primarias, iso xa se verá. Pero no caso de que non saíra elixido, tampouco pasaría nada. Eu son unha persoa que o único que intento demostrar é que se pode gobernar doutra forma, que se pode organizar a plantilla municipal doutra maneira e que se pode traballar moi ben dentro da Administración municipal sin recurrir á privatización.

jaime cancio concelleiro e exvoceiro de unifoz