"Vivamos como galegos" chega este venres a Viveiro

La Voz

A MARIÑA

31 jul 2014 . Actualizado a las 20:53 h.

Chega este venres a Viveiro o ?Vivamos como Galegos?, de xira por toda Galicia lembrando a historia de sete anos dunha campaña de Supermercados Gadis que non deixa indeferente. O tráiler estará este 1 de agosto, nos Xardíns Nogueira Varela de 12.00h a 14.00h e de 17.00h a 21.00h.

Quen visiten o tráiler poderán facer unha foto debaixo do parauga de ?Se chove, que chova?, con auga real, e todos os participantes serán agasallados cunha camiseta exclusiva da campaña e o fotógrafo do tráiler realizará a instantánea que logo se poderá ver en www.vivamoscomogalegos.com

Tamén se poderá visitar unha exposición no interior do tráiler, unha mostra retrospectiva con algunhas das principais imaxes e elementos de cada un dos anuncios de Vivamos como Galegos. Cada visitante levarán unha pulseira Gadis. Todos os concursantes da foto entrarán no sorteo de seis entradas (tres premios de dúas entradas cada un), que se celebrará preto das 21.00h para o Festival de la Luz. Tamén se sorteará un paraugas da campaña entre os participantes.