Estupenda Luz Pozo

M. A. SANDE

A MARIÑA

19 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Na noite do xoves Luz Pozo Garza aínda asistíu á cea literaria na sede da Voz en Sabón, onde se fallaba o premio de novela por entregas que gañou María Reimóndez (quedando finalista, por certo, a viveirense Obdulia Dopico). Onte Luz Pozo achegouse á Feira do Libro en Ribadeo, vila de orixe moi especial para ela, onde presentou o seu último poemario, o emotivo «Sol de Medianoche», adicado a unha súa neta falecida.

Dá certa envexa -sana- esta muller, gran poeta, académica, lúcida e tan activa e chea de enerxía. Colaboradora tamén da Voz.

É extraordinaria a súa poesía, está xa na historia da literatura galega como unha das grandes voces de Nós.

Estupenda, como digo, Luz Pozo Garza.