Finou Queralt

SUSO FERNÁNDEZ, CRONISTA OFICIAL DE FOZ

A MARIÑA

22 may 2014 . Actualizado a las 13:45 h.

O xornal trouxo a triste nova, que nos deixou abraiado. Juan Queralt era un artista plástico catalán que dende había uns meses realizaba un gran mural na basílica de San Martiño, en parede interior, do que será o museo da mesma, que reproduce composición de cautivadora escena rosendiana. Fondo admirador do Quixote, levouno a concebir a súa obra preferida, ?El Quijote y los valores humanos?, que en 1998, o Instituto Cervantes amosou por Europa e América, erixíndose en apóstolo da obra cervantina, atraído non só pola transcendencia literaria, senon como guía de comportamentos humáns, cuxa lección, a través do traballo pictórico e doutras actividades didácticas , pretendía espallar na sociedade, con especial incidencia na xente moza. Daí que a promoción dela incidira mais en centros de ensino e universidades, algunhas galegas, presentando a alunos e profesores a ilusionada e altruista iniciativa, que se afanaba en achegar ás institucións da nosa bisbarra.Un día Queralt descubríu a personalidade engaiolante de San Rosendo, bispo de San Martiño, persoeiro excepcional da Galicia do s.XIII e quedou prendado del e dos seus esforzos por erradicar a esclavitude, e tras plasmar a súa homenaxe no mosteiro de Celanova, por él fundado, pensou que o seu maior esforzo na honra do mesmo debería quedar para sempre no cenobio focego.Daí que o artista se establecera no vello mosteiro para realizar in situ o ilusionado proxecto. Dende a chegada entablamos amistosa relación, integrandose na tertulia que cada día mantemos un grupo de amigos, arredor do primeiro café da xornada, na que privan as conversas sobres artes plásticas e outros campos da cultura; en ocasións compartimos mesa e manteis e os seus amigos seguiamos con interese a marcha da singular vivencia. Un día que o chamamos, o que era habitual, sorprendeunos que respostara desde un hospital de Barcelona, a onde se trasladara ó sentir unha estrana molestia. Na medida do posible mantímonos atentos á evolución da doenza. E, de súpeto, a derradeira nova: finou Juan Queralt, un home que xa se fixera popular na Mariña. Unha mágoa!.