A Festa da Troita, singular e única, a máis grande de Galicia

S. C. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CARLOS GAVINO

Besteiro destacou no pregón os 36 anos desta festa e a labor do CIT

01 may 2014 . Actualizado a las 07:06 h.

A Pontenova vive hoxe o día grande da súa Festa da Troita. Pescadores de toda Galicia, Asturias e outros puntos competirán polas troitas e os salmóns. Cita anual esta que convirte a da Pontenova nunha festa singular, única, a mellor sen dúbida de Galicia.

Coma sempre ao mediodía pesaranse as capturas e haberá sesión vermú. Durante a mañán a charanga Madialeva amenizará as rúas da Pontenova. Pola tarde haberá foliada e pola noite e na madrugada verbena coa orquesta Compostela.

Onte á noite rendéuselle homenaxe á segunda directiva do CIT e entregáronselles as Troitas de Ouro a Antonio Callejo, Joaquín España, Deputación e a nós, a La Voz de Galicia na Mariña. Despois o presidente da Deputación, Gómez Besteiro, leu o pregón.

No seu pregón Besteiro fixo fincapé nos 36 anos que leva celebrándose esta festa, a máis prestixiada de Galicia. Tamén afondou na historia da Pontenova, nos fornos, e subliñou a presenza sempre do gran río Eo.

Felicitou igualmente ao Centro de Iniciativas Turísticas, CIT, da Pontenova, fundadores e impulsores dende hai 36 anos desta festa, porque uns meses foron distinguidos co premio ao mellor Club de Pesca de Galicia. Parabéns tamén a eles e aos veciños da Pontenova dende esta Redacción da Voz.