Oficio das Tebras en San Martiño de Mondoñedo hoxe co tocar das carracas

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Actos do Domingo de Ramos na basílica de San Martiño.
Actos do Domingo de Ramos na basílica de San Martiño. p. cid < / span>(touche)< / span>

16 abr 2014 . Actualizado a las 19:38 h.

A basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) dispón xa dende onte de servizo de información turística. Dentro dos actos propios de Semana Santa hoxe, mércores, celébrase pola tarde o que chaman Oficio das Tebras, curioso e cheo de vistosidade. Será a partires das 19.30 horas; trátase dunha tradición que recuperaron en San Martiño, Foz, hai seis anos, pois estaba esquecida dende había uns 50 anos. Este Oficio das Tebras conclúe cun toque de carracas. De seguido haberá un concerto, un grupo de metais, Ribadeo Brass, enmarcado dentro da Semana da Música de San Martiño, que leva o nome do falecido Xosé Alonso, xornalista, quen fora durante moitos anos delegado de La Voz de Galicia na Mariña.

A basílica de San Martiño é un dos monumentos históricos da Mariña que merece unha visita nesta ponte festiva.