O BNG presentará en Mondoñedo alternativas á situación actual de crise

Será o sábado nun programa amplo que deron a coñecer onte e no que participarán parlamentarios e alcaldes

Presentación onte en Mondoñedo das Xornadas de Análise do BNG que terán lugar este sábado.
Presentación onte en Mondoñedo das Xornadas de Análise do BNG que terán lugar este sábado.

MONDOÑEDO / LA VOZ

Representantes do BNG presentaron onte en Mondoñedo o programa das «I Xornadas de Análise e Alternativas do BNG no contexto social e económico actual».

Esta xornada será o sábado e é aberta á cidadanía. Nela preténdese analizar «en tres bloques a situación de degradación dos servizos públicos, como Sanidade, Ensino e Servizos Sociais», explicaron.

O salón de actos do Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá esta xornada na que participarán parlamentarios e alcaldes e tamén a europarlamentaria Ana Miranda e será o sábado, como sinalamos, dende as 10.30 ata as 14 horas.

O BNG pretende abrir un diálogo coa sociedade nun formato participativo e dinámico sobre tres temas: a Sanidade, a Educación e os Servizos Sociais hoxe, «tres das materias máis afectadas polos recortes do Estado ao ditado das instrucións da Troika», explicaron onte en Mondoñedo, Antonio Veiga, Orlando González, Xusto Fernández e Ana Miranda.

Nos tres debates participarán persoas vinculadas pola súa actividade, profesional, sindical, política ou social aos temas a tratar, «dándolle participación ao público asistente». Tamén se abordará a Reforma da Administración Local.

Participarán os alcaldes de Allariz e Mondoñedo; a europarlamentaria Ana Mirada; a parlamentaria do BNG Montse Prado, encargada de asuntos sanitarios, e profesores de Economía da USC.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

O BNG presentará en Mondoñedo alternativas á situación actual de crise