O acceso á A-8 dende Lindín, que denunciou La Voz, xera iniciativas do BNG e do PP

MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

24 ene 2014 . Actualizado a las 07:01 h.

O mal estado do acceso á Autovía do Cantábrico por Lindín, que denunciou nunha reportaxe gráfica este xornal días atrás, está a xerar iniciativas de alcaldes e dos partidos.

O BNG da Mariña acusa «ao conselleiro Agustín Hernández de incumprir os seus compromisos coas obras da LU-124 e ao PP de tentar tapar o desinterese da Xunta con parches de última hora. O acceso á A-8 dos concellos de Mondoñedo, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova deixa a estes concellos con accesos do terceiro mundo a un vial do século XXI», sinalan dende o BNG da Mariña.

Por outra banda, Xosé Manuel Balseiro rexistrou no Parlamento a inciativa urxente para a mellora da LU-124 no treito Lindín-Mondoñedo e constituirá un mandato expreso do Parlamento á Xunta.