«Un coche a gas gasta un 50% menos que un de gasolina», dice Armando Rodríguez

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

El e o seu irmán teñen os seus transformados e anima a facelo

15 ene 2014 . Actualizado a las 07:05 h.

Menos gasto en combustible (un 50% de aforro) e menos emisións contaminantes son as principais bazas que xoga ao seu favor o gas GLP (siglas de Glas Licuado Petróleo) cando o incorporamos, previa transformación, a un coche de gasolina. Coñecen a fondo o sistema Talleres Armando Rodríguez de Foz e Automóviles Puerta Norte de Ribadeo que levan os irmáns Armando e Alberto Rodríguez, que teñen xa os seus propios vehículos transformados.

-¿Para que tipo de vehículo é válido o gas GLP?

-So vale para coches de gasolina, non para os diésel. A ITV só permite homologar vehículos da normativa Euro III e posteriores, falamos do 1999 ata hoxe. Os que foran anteriores se poderían transformar pero non homologar, por tanto. No caso dun coche de máis de dez anos de antigüidade non é interesante polo tipo de inversión. Por outro lado o prezo do gas está garantido pola UE ata o 2023. Anda case á metade do prezo da gasolina, un aforro dun 50%, e en torno a 60 ou 61 céntimos, un 20-30% máis barato que o gasóleo.

-Pero os conductores, ¿están pola labor de facer ese cambio?

-Hai quen aínda pensa no gasóleo e na gasolina, máis cara, e ten medo do gas por se pode explotar. Sen embargo, o gas GLP ten unhas medidas de protección fiables. É verdade que se coñece pouco de momento.

-¿Que hai que facer no coche?

-Engadir un tanque de combustible de gas e un sistema de inxección de gas. Permite ter dobre autonomía, a da gasolina e a do gas. O mantemento é moi barato e case non ten. E vale para calquera marca, aínda que hai coches, modelos concretos, que saen xa montados de fábrica.

-Son instaladores oficiais.

-Dende novembro do ano pasado, en Foz e Ribadeo.

-¿Que vantaxes ten o sistema aparte do aforro para o peto?

-A nivel medioambiental, unha reducción brutal de CO2 á atmósfera, non emite partículas canceríxenas e fai menos ruído. A outros niveis como o fiscal ten unha reducción do 50% no imposto de rodaxe en algúns concellos, poderíase entrar cun coche así en determinadas cidades europeas, ademáis dun 40% de desconto en peaxes de luns a venres, no caso de Barcelona. Por outro lado, dicir que en todos os traballos, equipos e vehículo, hai dous anos de garantía. E tamén que hai opción de financiación por parte de Repsol ao 0%, é dicir, sen intereses nin comisións. Ademáis, a inversión amortízase ben.

-¿En que lugares se podería repostar na Mariña?

-Por exemplo na gasolinera do Gran Sol en Cervo, na Chevrolet de Ribadeo e está solicitado para poder suministrar o gas GLP dende Talleres Armando Rodríguez en Foz. En España hai arredor de trescentas estacións de servizo que o suministran e hai un plan a dous anos vista para que se cheguen a mil. A autonomía media de cando o coche vai a gas, según o tamaño do tanque, é duns 500 quilómetros.

armando rodríguez propietario de talleres armando rodríguez en foz