Depósitos previos polo gasoducto

LUIS VIEITES, PORTAVOZ DA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO GASODUCTO NA MARIÑA.

A MARIÑA

05 ene 2014 . Actualizado a las 18:30 h.

Os afectados polo trazado do gasoducto na Mariña están a recibir néstes días un escrito da Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia no que se lles comunica, e se acompaña resguardo, a constitución do depósito previo para a ocupación das súas fincas; asimismo se dá por esgotado o prazo para chegar a un acordo mútuo «empresa/afectado» sobre o valor das fincas e establece un prazo de 20 días para que se lles remita folla de aprecio sobre o valor en que se estima a finca expropiada.

Todo esto no seu conxunto é unha auténtica aberración e unha falta de respecto e cumprimento do establecido pola legislación vixente; imos por partes:

En primeiro lugar aclarar que o importe consignado (en moitos casos céntimos de euro) non se corresponde en absoluto con un porcentaxe do valor final que o afectado percibirá, senon que procede dún complicado cálculo baseado fundamentalmente no valor catastral da finca (sin ter en conta ningunha outra particularidade como arbolado, cierres, etc.) e que ten por único obxetivo o permitir a súa urxente ocupación.

En segundo lugar aclarar que a empresa promotora é a que debe efectuar unha oferta de maneira fehaciente e detallada coa valoración de cada un dos bens a expropiar e si non chegase a acordo co afectado entón este deberá remitir a folla de aprecio coa súa estimación de valor e, si o estima necesario, avalada pola firma dún perito.

Ocultación da datos

Esto é trascendental xa que os plazos establecidos na carta recibida teñen que basearse en este imprescindible intento de acordo mútuo e o seu incumplimento fará que todo o preceso quede invalidado. Dende o pasado mércores están efectuando chamadas por teléfono e ofrecendo apenas 0,28? por m/2 de ocupación temporal e apenas 1,40? por m/2 de servidume de paso; non temos máis datos de outras valoracións en este momento pero éstas non podemos deixar de calificalas cando menos de irrisorias. Facilitan un teléfono no que se debe dar a conformidade e sinó que se acuda ao tribunal de expropiacións.

Esta é unha actuación, como tantas outras anteriores, anormal e esta é a clase de diálogo que dende agosto de 2011 nos veñen ofrecendo tanto Gas Natural como o Ministerio de Industria: ocultación de datos, iñorancia da legislación, ...

Dende a Plataforma de Afectados xa nos puxemos en contacto coa Delegación do Goberno ónde se nos recoñecéu a veracidade do noso plantexamento, o incumprimento por parte da empresa, e o seu erro no envío das cartas na confianza de que a empresa xá contactara con todos nós e se nos «deu garantía?» de que por todo elo admitirían en calquera momento calquera alegación ou valoración ou alegación que lles fóse remitida.

Desgraciadamente non podemos dar valor a esa garantía verbal, en contra do que está escrito, e por eso xa os avogados están traballando na redacción dun escrito que deberemos remitir de forma individual á Delegación do Goberno para que todo retorne aos cauces legáis.

Informaremos aos adheridos

Dende a Plataforma informaremos aos adheridos no momento oportuno e toda vez que esta anómala situación é común para os afectados de todo o trazado ofrecémonos tamén para facilitar as comunidades veciñáis e persóas de outros concellos que anteriormente habían contactado con nós a nosa colaboración; deberán contactar con nós preferentemente a través do correo electrónico pag.marlucense@gmail.com e no seu defecto nos teléfonos: 616 146 397, 610 422 107 e 608 988 206 a partires do vindeiro día 10, data na que contamos dispór do escrito dos avogados.

Solicitamos de tódolos afectados que non se den prisa na súa contestación e que non se deixen enganar por as actuacións anómalas descritas.

Luis Vieites, portavoz da Plataforma de Afectados polo Gasoducto na Mariña.