O IES Monte Castelo completa a formación sanitaria en Italia

María Cuadrado Fernández
MARÍA CUADRADO BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Dezasete alumnos de Auxiliar de Enfermería fixeron prácticas en Potenza

22 dic 2013 . Actualizado a las 07:01 h.

Dezasete alumnos do ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES Monte Castelo de Burela complementaron a súa formación práctica en institucións de Potenza (Italia). Os participantes no proxecto Leonardo da Vinci 2013 Professional European Contact for Vocational Health Students III realizaron as súas prácticas formativas baixo a súa supervisión das titoras María Vilares e Ana María Coto, que visitaron aos alumnas na cidade italiana. Ambas docentes tamén reuníronse con Massimo D?Andrea, director de IREFORR (o socio italiano do IES burelense) e con Manuela D?Andrea, titora das alumnas durante a súa estancia en Potenza. As titoras asistiron a un programa de televisión italiano para dar a coñecer a estancia dos alumnos españois que realizaron as prácticas no Hospital San Carlo no mes de novembro.