Tres alumnos del IES Perdouro de Burela premiados en Robótica

E. M. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

Confeccionaron un robot móvil con kit de Lego

02 mar 2013 . Actualizado a las 07:02 h.

Tres alumnos do Ciclo Medio de Instalación de Telecomunicacións acadaron o primeiro premio no V Concurso de Robótica, organizado pola Institución Galega da Ciencia en colaboración coa Fundación Barrié.

O obxectivo da «Maxia da Robótica» é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de Lego, de maneira sinxela e divertida en tan só unha hora. O primeiro premio de Bacharelato e Ciclos Formativos foi o equipo formado por Raúl González, Sony Monteiro e F. Javier Díaz, alumnos do C. M. de Instalación de Telecomunicacións do IES burelense O Perdouro, que estiveron tutelados pola profesora Marga López. Con esta actividade preténdese achegar aos alumnos/as ó campo da robótica e aproveitar a súa maxia para promover a cultura científica na sociedade.