O alumnado da Mariña lembra a Celso Emilio Ferreiro

Distintos centros da comarca o homenaxearon nun día e momento especial, ás doce da mañá do día 12 do mes 12 do ano 2012

Alumnos do IES O Perdouro de Burela gravaron a lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro na celebración do centenario do seu nacemento Un grupo de alumnos do IES O Perdouro de Burela grava a lectura dun poema antes de recitar na biblioteca do centro versos do escritor

VIVEIRO / LA VOZ

A de hoxe é unha data especial e marcada no calendario, por diversos motivos. Por un lado é o día 12 do mes 12 do ano 2012, que non se volverá a repetir para as actuais xeracións. Por tanto, unha data única. Por outro lado, centros educativos da comarca da Mariña se sumaron á celebración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, respostando así á convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que convidou en toda Galicia ao alumnado a recitar a outra hora clave, ás doce da mañá, o poema do autor titulado Deitado frente ao mar.

No caso do IES Perdouro, en Burela, por exemplo, contouse cun convidado especial como é o mariñeiro e poeta que habitualmente faena por aguas de Noza Zelanda, o burelense Jesús Mosquera.

O poema escollido está moi vencellado ao tema da interculturalidade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O alumnado da Mariña lembra a Celso Emilio Ferreiro