«A praga do eucalipto causa perdas de 55 millons ó ano na Mariña»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Unións Agrarias reclama que actúe a Xunta, con tratamentos masivos

30 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

hilario moliner piñón responsable da oficina de unións agrarias de viveiro

Moliner participa hoxe nunha charla en Valadouro na que tamén intervirán Jacobo Feijoo, de Desenvolvemento Rural, e Santiago Rodal, de Ence..

-Falarán da nova lei de Montes

-Si. vamos comentar o borrador que saíu a principios deste mes. A última é do 89 vai para 22 anos que non saíu unha nova con todo completo, dándolle un repaso a todos os sectores: montes veciñais, particulares, deslindes, distancias de plantacións, que se fai coas bestas dos montes, quen é responsable de todos estes temas. Remarcaremos as distancias de explotacións, que van variar un pouco con respecto a fincas colindantes e en función de qué tipo plantemos. (...) Repartiremos unha folla a todos os asistentes na que se recollen as distancias...

-Que ides explicar das enfermidades dos eucaliptos

-Mínimo mínimo o 50% da poboación de eucalipto da Mariña está afectada polo goniptero, polo gurgullo; estamos falando de perdas anuais de más de 55 millóns de euros na Mariña lucense; facemos fincapé en que é necesario que a Administración, a Xunta, invista diñeiro para tratar de solventar ese problemas. Estamos vendo que ante a praga tan feroz do eucalipto glóbulos, a xente se pasou ó nitens, que era resistente á praga ó principio, pero agora xa lle está atacando e o nitens ten un rendemento más baixo, a empresa Ence de Navia din que paga 6 euros menos a tonelada deste eucalipto. Desde Unións Agrarias entendemos que esa non é a solución e reclamamos que a Administración actúe. Hai solución, hai unha avespa que é capaz de combater a praga, pero con un tratamento masivo, a gran escala.

-A ver si no nos devoran

-Non, so atacan a esa praga, Para reproducirse utilizan os ovos da praga do eucalipto e cando morren os ovos morren elas tamén.