O patrimonio de Sargadelos

Camilo Díaz

A MARIÑA

05 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ainclusión nos Presupostos da CCAA. galega para o ano 2012 de un millón de euros destinados ao vello recinto industrial de Sargadelos, que foi considerado como a empresa de maior alento de Galicia, creada polo ilustrado Ibáñez a finais do S. XVIII, e prestixio para o Concello de Cervo cuias autoridades veñen loitando para poñer en marcha o Plan Especial. O Laboratorio de Formas solicitou do goberno central no ano 1972, e lle foi concedido, a protección e declaración dos restos da siderurxia e fábrica de louza, do que hoxe coñecemos como Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Dende isa data ao día de hoxe se sucederon unha serie de actuacións no referido Conxunto tendentes a poñelo en valor. Comenzouse pola restauración da Casa da Administración das antigas fábricas inaugurada no ano 1988 que funciona como sá de exposición, conferencias, sede do Museo Histórico e do Real Patronato de Sargadelos (cuia Presidenta de Honor é a Raiña dona Sofía), que rixe as actuacións do propio Conxunto, estuda a historia e vixila un uso ético e respetuoso de todo o relacionado coa verba Sargadelos e a sua historia, como o primeiro esforzo industrial organizado de Galicia.

O Laboratorio de Formas creado en 1963 reflexa as ideas e pensamentos dos intelectuais galegos transterrados na República Arxentina (Blanco Amor, Rafael Dieste, Seoane, Díaz Pardo, Lorenzo Varela, etc.) para recuperar a nosa memoria histórica de prestixio no pasado galego como a restauración da tradición cerámica do novo Sargadelos entre outras. En 1970 a través dun Convenio do Laboratorio e as Cerámicas do Castro, se inicia a 5ª Etapa (*) de Sargadelos coa inauguración da Planta Circular, obra do arquitecto Albalat quen tamén se suma as ideas do Laboratorio, e simultáneamente se inauguran no Castro as primeiras instalacións do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside que alberga o movimento renovador da arte galega dende Castelao. Será o propio Albalat quen realice anos mais tarde o actual edificio que alberga as coleccións do Museo dos galegos dispostos a colaborar co 1º museo de arte contemporánea de Galicia.

Colaboración de Albalat

A colaboración de Albalat con Sargadelos continúa coa redacción dos proxectos incluidos no Plan Especial agora dotado cun presuposto. No ano 2004 se inaugura un Parque Natural e un novo edificio no Conxunto Histórico destinado a Sá de exposicións e Museo obra tamén do estudo Albalat. A Casa da Administración precisa de urxente actuación. Entre que foi restaurada hai xa 24 anos, hoxe acusa o paso do tempo. Feita pola Consellería de Cultura, agardamos que se recupere axiña está emblemática construcción que alberga entre outras cousas unha importante colección do Seminario de Sargadelos, que leva a secretaría do Real Patronato, de cerámica, documentación, obras de arte, etc. do Sargadelos antigo.

Camilo Díaz, fillo de Díaz Pardo. Outono de 2011.

(*) O pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro clasificou nunha publicación en 1922 no ?Boletín de la Sociedad Española del Arte?, reeditada por Edicións do Castro, en catro as etapas antigas da Cerámica de Sargadelos, das que falaremos noutra ocasión.