«Cando oín dicir que era Míster Guapo, pensei 'equivocáronse'»

a.f. cuba VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Este viveirense do barrio da Pescadería levou un premio en Melide

19 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O viveirense José Luis Expósito Suárez, que cumpriu onte 68 anos, foi proclamado Míster Guapo de Galicia, no Festival da Terceira Idade que se celebrou no Concello de Melide. Onte festexou o aniversario en Mondoñedo, o día grande de As San Lucas. Non esperaba o galardón, quixo impresionar á súa muller subindo á pasarela e acabou cunha placa e unha orquídea de premio. O día 22 de outubro cumpriranse 45 anos dende que casou con Marisol López Lagares.

-Naceu na Pescadería...

-Si, no barrio dos pobres, eramos todos mariñeiros, fun mariñeiro toda a vida, andiven á volanta, ao pincho, ata ao bacallao... Despois abreu Alúmina e botei trinta anos na fábrica, ata os 58, que me prexubilei.

-¿Como é que se presentou ao certame de Míster Galicia?

-De cachondeo. A festa da terceira idade foi en Melide e fomos nun autobús, do centro de Caixa Galicia de Viveiro. Estabamos alí e díxenlle á muller ?gustaríame pasear por unha pasarela?. Subín, vestido cun vaquero e un nique, e unha rapaza preguntoume por que non me presentaba. Despois estabamos bailando, oín dicir o meu nome..., Míster Guapo, e díxenlle ?¿ti non estarás equivocada??.

-¿Pasou vergoña?

-En absoluto, fun encantado, subín á pasarela para demostrarlle á muller que sabía andar por ela. Quérolle moito e pásoo moi ben con ela, non a cambio por nada do mundo.

-¿E que lle dixeron os fillos?

-Non o crían, ata o meu neto se reu de min, dicía ?¿non se confundirían??. Presentáronse moitos, de todas as provincias (no certame do pasado día 2 inscribíronse 35 mulleres e 16 homes).

-¿Que fai para manterse en tan boa forma e tan guapo?

-Gústame nadar e vou moito á piscina, tamén practico o piragüismo, nun kayak. E teño unha lanchiña, anque este ano só fun tres veces aos calamares. A verdade é que estou en forma, á muller a min gústanos moito bailar, é o que máis, imos ás festas, aos bailes de Xove...

josé luis expósito suárez míster guapo da tercera idade en galicia