A situación actual do mercado da madeira

Manuel Galdo

A MARIÑA

24 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Promagal e as asociacions base de cada concello que a conforman teñen un percorrido de aproximadamente seis anos, estas asociacions nacen pola situación na que se atopaba o mercado da madeira de eucalipto, unha grande parte das vendas facianse a bulto e as poucas que se facian por peso en bascula (¤/tm), os prezos rondaban os 20 euros para a madeira sen corteza e 15 euros para a madeira con corteza.

Despois das tarefas iniciales de fomento do asociacionismo, fanse os primeiros contratos de venda de madeira para exportación, dinamizouse o mercado, renovanse contratos, fanse outros con novas empresas, neste caso para o mercado nacional, reducense moito as vendas de madeira a bulto, e chegase a situación actual, na que Promagal firma un contrato con ENCE para o suministro de madeira de eucalipto, neste contrato os prezos son de 38 ¤/tm mais IVE no caso da madeira sen corteza e 32 ¤/tm mais IVE no caso da madeira con corteza. Estes prezos doblan os que tiñamos antes de Promagal.

Eu como representante dunha asociación e tamén como propietario individual, quero vender a madeira o prezo mais alto posible, e para eso seguimos traballando, pero creo que todos os propietarios de montes entenden que a situación actual non ten nada que ver coa anterior, e verdade que a crise apreta, pero no caso do mercado da madeira de eucalipto, apreta algo menos.

Manuel Galdo é presidente de Promavi e vicepresidente de Promagal.