Chegou a hora do Festival Arreaocabo hoxe en Celeiro

e. m. CELEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Tocarán cinco grupos de pop e rock onda a piscina, a entrada é de balde

22 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Despois dunha semana de actuacións musicais na rúa, en Celeiro, chégase á fin de semana forte das festas patronais e do mar de Celeiro.

O programa, como todos os anos, abriuse coa festa da merluza de Celeiro o sábado, 16 de xullo. Onte á noitiña estaba previsto que actuara na praia de Celeiro o grupo «From lost to the river».

Hoxe é xa o día do Festival Arreaocabo na explanada da piscina, en Celeiro; a entrada é de balde, tal como subliña a organización. É un festival xa consolidado, especialmente entre os máis xóvenes aínda que está aberto a todo o público. Comenzará ás 20.30 horas desta tarde como dicimos.

Tocarán: El Último ke Zierre, Kogito, Bytheface, Rain is Art e Yuno. Grupos locais, algúns coñecidos, que darán o mellor de sí, de seguro, para animar a noite en Celeiro, que será longa.

O Festival Arreaocabo dá entrada todos os anos á fin de semana grande das festas do mar, o sábado, domingo, luns e martes, tempo de orquestras, de procesión marítima, de lembranza dos mariñeiros finados e dos homes do mar.

Hoxe os máis xoves teñen cita na explanada da piscina en Celeiro. De balde.