«Preséntome ás eleccións coa sensación do traballo feito»

María Cuadrado Fernández
maría cuadrado CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

Defende a potenciación dos servizos municipais para frear a perda de poboación e aposta por crear solo industrial

20 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

?Preséntome de novo ás eleccións coa sensación do traballo feito honesta e honradamente?. Con esta carta de presentación afronta o 22-M o candidato do PP en Cervo e actual rexedor, o veterinario Alfonso Villares.

-¿Que balance fai do mandato?

-España está atravesando unha difícil situación económica e os principais perxudicados son os cidadáns e as administracións. Tendo en conta iso, xestionamos os cartos públicos con moitísimo criterio. Mantivemos unha aposta social importante e mantemos servizos que son únicos, como a gardería gratuita. Creamos e renovamos abastecementos de auga e fixemos investimentos en saneamento, sobre todo incidindo na importancia que para min ten a zona rural... por non falar da fibra óptica e do gas natural. Unha das obras máis importantes é a residencia e o centro de día para maiores, que estará rematada en dous anos. Ademais do servizo, son moi importantes os postos de traballo que se crearán. Tamén vai abrir unha residencia para persoas con minusvalías.

-¿Cales son os proxectos prioritarios para o seu partido?

-O noso principal obxectivo é buscar postos de traballo e de oportunidades. O desenvolvemento da residencia de San Cibrao vai xerar traballo. Imos ter un porto deportivo que vai atraer un turismo distinto e vai xerar ingresos e empregos. Fixemos unha aposta medioambiental coa valorización do noso monte a través da reforestación con especies autóctonas para crear sendas verdes no conxunto dos nosos ríos e no de Sargadelos. E, cómo non, poñeremos solo industrial a disposición das empresas. O polígono Cervo-Xove, que suprimira o bipartito, conseguimos que a Xunta o rescatara e agora temos que desenvolvelo. Tamén crearemos solo empresarial na zona do Castelo, prevendo que alí irá unha das saídas da autovía.

-A oposición di que os populares non foron quen de frenar a perda de poboación...

-Ante a emigración natural do rural ás urbes, nós ofrecemos servizos para fixar poboación. Temos bonificacións para as instalacións deportivas, axudas educativas ás familias censadas e aos estudiantes que estudian fóra...Creáronse vivendas sociais nos últimos anos. É curioso que cando lle ofrecimos solo ao bipartito da Xunta para crear vivenda, non se puxeron en contacto con nós.

Con matices

En contra

A favor, casei a unha parella

A favor

Con matices

Con matices

Ante as drogas, educación

En contra

¿Por que en Libia? Estou en contra das guerras

Ten que estar regulada

Ovos con patacas fritas

Caracois

Rioja

Auga

As nécoras e a merluza

Un Ford Mondeo

Un par de laranxas

Na casa

Real Madrid

O deporte

Álvaro Cunqueiro

«O mundo de Sofía»

«Como agua para chocolate» e todas as históricas

Dalí

Alfredo Landa

Non teño preferencias

Capercaillie, Runrig...

Gústame todo tipo de música

Só vexo algúns informativos

Non son de viaxar