«Só pensamos en gobernar, incluso en minoría e sen pactar»

José Francisco Alonso Quelle
josé alonso RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

«Se somos os máis votados esixiremos a responsabilidade política con Ribadeo que tivemos nós neste mandato»

14 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Manuel Valín regresa ao primeiro plano da política, tras varios anos afastado dela, como candidato do Partido Popular. O obxectivo que declara é claro: gañar as eleccións, con maioría absoluta ou no peor dos casos sendo a lista máis votada. Se é así, Valín pensa que podería gobernar en minoría: ?Nese caso esixiremos aos demais a mesma responsabilidade política con Ribadeo e cos ribadenses, e o mesmo exercicio de lealdade democrática que fixemos nós neste mandato, para que nos deixen gobernar en minoría?, di.

-Así pois, non pensa nun posible pacto con UPRI.

-Nós só pensamos na maioría absoluta, e senón en gobernar en minoría, como fixo o BNG nestes últimos catro anos.

-Vese con opcións de ser, como mínimo, o partido máis votado.

-Ata fai pouco fómolo sempre.

-¿E que sensacións ten?

-Pola resposta que estamos obtendo da xente, tanto no casco urbano como nas parroquias, penso que é moi posible que o PP gañe as eleccións.

-¿Será un resultado axustado?

-O xogo está moi repartido. O PP non gañou as últimas eleccións por cento e pico de votos. Eu fun elixido candidato en setembro. Levamos dende entón traballando e agora temos mellores expectativas.

-¿Cree que lle pode pasar factura a idea que transmiten UPRI e PSOE dun pacto de goberno PP-BNG neste mandato?

-Eles divulgan un bulo para tratar de obter réditos electorais, pero nin eles mesmos creen que houbo ese pacto.

-¿Por que votar a Manuel Valín?

-Porque temos o aval do feito en oito anos de goberno, de como xestionamos e facemos as cousas. E tamén porque temos o respaldo da Xunta para levar adiante o noso programa, con expectativas de que o PP tamén goberne dentro de pouco na provincia e a nivel estatal. Iso será bo para conseguir cousas para Ribadeo, como fixemos cando gobernamos.

-¿Qué será o primeiro que faga se resulta elixido alcalde?

-Quero coñecer cal é realmente a situación económica do Concello, para a partir de aí, tomar as medidas oportunas. Tamén imos pelexar pola residencia da terceira idade, por consolidar a Ribadeo como centro comercial e económico e prestarémoslle unha atención prioritaria á zona rural, entre outras cousas.

manuel valín valdés candidato polo pp en Ribadeo

Non me gusta o sufrimento da xente

A favor

Respecto calquera situación

O mesmo que na anterior pregunta

Cada un que faga o que queira

Unha alternativa posible

Aposto pola vida sana e que cada un poña o listón onde queira

En contra

Estou en contra de todas as ditaduras

Si, pero con normas

Paella de verduras

Caracois

Mencía

A tónica

Os lagostinos

O bacallau

Tostadas con aceite de oliva e café con leite no Cantón

Na casa

Atlético Madrid e Ribadeo F.C.

Corro 8 quilómetros todos os días

García Márquez

El amor en los tiempos de cólera

Alguien voló sobre el nido del cuco

O pintor Sotomayor

Paul Newman

Demi Moore

Joan Manuel Serrat

De cantautor

Citroën C4

Gustaríame ir a Rusia, a Moscú e a San Petersburgo