«Temos confianza, porque nas municipais vótase á persoa»

José Francisco Alonso Quelle
josé alonso RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

«O día 23 falaremos con quen poña sobre a mesa inversións, prazos e consignación orzamentaria»

11 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Nós si traballamos por Ribadeo. Ese é o eslogan co que Unión do Pobo Ribadense (UPRI), concorre ás eleccións municipais. O seu candidato, Francisco Rivas, o aclara: ?Nós presentamos tantas mocións como todos os demais partidos xuntos. E iso que fomos o único grupo que non tiña a alguén liberado, xubilado, prexubilado, ou vivindo da política?.

-Nas pasadas eleccións, UPRI foi unha sorpresa relativa en Ribadeo, acadando case mil votos, que lle valeron dous concelleiros. Sen embargo, non tivo presenza activa nos órganos de goberno, porque na xunta local estivo o BNG, PP e PSOE.

-Iso foi froito do pacto do goberno do PP e do BNG. Foi condición do portavoz do PP, Rodríguez Andina, que UPRI non entrara na xunta de goberno e tamén que non formáramos parte da xunta local de comercio, en contra do que se acordara. Andina o pediu e o alcalde foi unha marioneta.

-¿Foi frustrante?

-Non. Nós non fomos parte do goberno e polo tanto non somos responsables da situación na que está o Concello.

-Unha das opcións que se baralla para despois das eleccións sería un pacto PP-UPRI. ¿Está descartada esa posibilidade?

-O noso pacto é con Ribadeo. O día 23 falaremos con quen poña sobre a mesa inversións, prazos e consignación orzamentaria. Si é así non pechamos as portas a ningunha opción.

-¿Cal sería un bo resultado para UPRI?

-Ser o partido máis votado. Esa é a nosa aspiración.

-Más aló da retórica electoral, ¿é iso posible?

-Loxicamente si. Nas eleccións municipais vótase ás persoas e nós presentámonos cos deberes feitos.

-¿É difícil traballar sen o respaldo dun partido nacional?

-Nós temos o respaldo de mil ribadenses e dun equipo de xente comprometido.

-¿Cales serán as súas primeiras decisións si é alcalde?

-Facer unha auditoría para coñecer a verdadeira situación económica do concello, que non é a que nos contan; facer unha revisión da relación de postos de traballo, e ver o que fai cada un e cal é a rendibilidade, e traballar pola residencia da terceira idade, pola posta en marcha do polígono e por xerar emprego.

francisco rivas candidato de upri por ribadeo

Depende dos casos

En contra

A favor

Con outro nome

En contra

A favor

En contra

Con matices

Non teño unha opinión... é un asunto que lle queda moi lonxe a Ribadeo

Non en todos os casos; hai que regulalo.

O polbo con ameixas

Guiso de patacas e mazá golden

Un viño galego

Un zume de naranxa natural

O percebe de Rinlo

O Sanmartiño

Un prato competente, tostadas con aceite, tomate, café con leite e zume

Depende da situación

Real Madrid, Dépor e Spórting

Pescar

Stieg Larsson

Calquera dos da triloxía de Millenium

Fuga de Alcatraz

Picasso

Robert de Niro

Kim Basinger

José Luis Perales

Romántica

Teño varios, pero no que ando máis é nun Audi A4

A Tailandia