«Co desbloqueo do urbanismo volverá o emprego... e o resto»

José Francisco Alonso Quelle
josé alonso BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

«No próximo mandato o goberno municipal podería vivir das rendas do traballo feito agora, pero queremos máis»

10 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Alfonso Fuente Parga, candidato do PP á alcaldía de Barreiros, amósase confiando en que os ataques dos grupos de oposición non lle pasen factura. Sabe que gobernar ten un custe, pero confía en que a xente lle volva a dar a confianza tras un mandato difícil, pero ?di? positivo, do que os froitos se verán xa nos próximos meses. Será co convenio firmado pola Xunta, Deputación e Concello para investir nos próximos tres anos 14 millóns de euros en obras.

-Dende a oposición non se poñen propostas cribles enriba da mesa. Só se dedican a criticar e a ir contra a acción do goberno. O que vemos nos seus programas electorais amosan un profundo descoñecemento do que é Barreiros e do que xa está xestionado. Os veciños o saben e apostarán por un equipo de goberno que os coñece e que está do seu lado.

-O desbloqueo do urbanismo é inminente.

-Certo. Neste mes de maio quedará desbloqueado, segundo anunciou a Xunta, o que vai supor que se active a construción e que de novo se cree emprego... Logo virá todo o resto.

-Pasou o peor, pois.

-Neste mandato houbo dúas etapas claramente diferenciadas. Nos dous primeiros anos, o goberno bipartito da Xunta (PSOE-BNG) non solo non deu nada a Barreiros, senón que incluso se dedicou a atacarnos politicamente, porque agora se está demostrando que non había nada de todo o que nos imputaban. Sen embargo, os dous últimos anos, co PP no goberno da Xunta, houbo unha aposta por Barreiros, por un concello que tira polo turismo e iso os veciños o saben, e senten que dentro da mala situación na que está o país, Barreiros vai para adiante... vai a ir para adiante cun concello que aporta un capital humano moi importante para manter os servizos sociais e a calidade de vida.

-¿Que fará se resulta elixido de novo alcalde?

-Seguir traballando para conseguir o máximo para Barreiros. Co convenio que temos firmando calquera goberno xa se daría por satisfeito, cos 14 millóns de euros en obras. Pero iso xa está firmando e imos ir a por máis. Outros vivirían das rendas do traballo que levamos feito. Nós non e por iso lle pido aos veciños paciencia para ver os froitos da nosa xestión, dun mandato no que solo se puideron aproveitar dous anos.

alfonso fuente candidato polo pp en Barreiros

É un asunto moi complexo. Depende dos casos

En contra

A favor

A favor

Según os casos

A favor

En contra

En contra

Non opino

Non

Carne á brasa

Dentro dunha lóxica, comería de todo

Un bó Mencía

Coca Cola

Prefiro peixe

Troitas

Almorzo lixeiro, Cola Cao, e sen café

Na casa

O Barcelona

Cando teño tempo gústame amañar o xardín

Gustavo Adolfo Bécquer

Rimas de Bécquer

Moitas, gústame moito o cine

Richard Clayderman

Roberto Vilar

Penélope Cruz

Phil Collins

Pop e rock

Seat Ibiza

A Inglaterra, preferentemente a Londres.