Juan Puchades pasará á historia con Mondoñedo


Ovindeiro sábado, día 30, vai ser proclamado Fillo Adoptivo de Mondoñedo Juan Puchades, título de cuxos merecementos ninguén dubida, pois trátase dun home que, nado na luminosa Valencia, o destino encargouse de que viñese a dar á nebulosa cidade do Masma, á que chegou para pasar un ano, e nela leva medio século. Sen renunciar ó amor á terra nai, como bó fillo, integrouse plenamente: aquí gastou os anos mais fructíferos da súa vida, nun recoñecido esforzo, non só na dedicación como ensinante exemprar, a quen os ex-discípulos amosan a cotío a gratitude, respecto e afecto, senon nos diversos eidos da vida cidadá, promotor e colaborador, sempre disposto, a prol do melloramento, cultural e social, do seu entorno. Diste feito tivo constancia o cronista: foi cando polo ano 1977 (hai mais de 30) bulía no maxín diste, a idea de crear un colectivo que aglutinara ós distintos artistas plásticos da comarca, co fin de impulsar as actividades propias dos mesmos, a través de charlas, exposicións, cursiños dirixidos sobre todo ós xoves, etc. Un día que baixaba as costas da Xesta parouse na cafetería do Mirador, onde se atopou con Puchades. Alí falaron longo e tendido do proxecto. Juan, coa súa proverbial xenerosidade, comprometeuse xa a apoiar o plan, e así o fixo ata o fin. Con él embarcáronse na aventura dous mindoniense mais; o pintor Luis Gacio (e.p.d.) e o prestixoso artista Xosé Vizoso, igualmente xeneroso, altruista e moi querido amigo. Así comezou o grupo «O Feitizo-amigos das artes». Vizoso deseñou o logotipo do mesmo?

A nosa amizade persoal, que xa existía, reforzouse con aquela relación mais próxima, que pasado o tempo consolidouse, pois dende hai unha ducia de anos que, con outros amigos, fundamos a asociación O Mundo de Galea, da que él é digno presidente, estreitáronse mais os lazos que se voltaron entrañables.

A cidade da Paula, como non podía ser doutro xeito, para unha sensibilidade como a de Juan, engaiolouno, e coa eficaz axuda de Cupido, que puxo no seu camiño a fermosura e a dozura de Alicia, quedou prisioneiro de tanta ledicia e felicidade. Aquí formou a súa familia e aquí se fundíu coa paisaxe e coa paisanaxe da vella cidade. A tal punto que, xentes que souberon dista homenaxe, preguntaron, sorprendidas, pero Puchades ¿non é de Mondoñedo?.

Juan Puchades pasará á historia e o seu nome marchará en íntimo maridaxe co da cidade episcopal, porque é aquí onde pasou mais anos da súa vida; aquí atopou o entorno que colmou as súas ditas, realizou a maioría da obra artística; daquí saíron as creacións que a súa mente concibíu e as mans consumaron, espallándoas polo mundo, e das que da fe nada menos que Álvaro Cunqueiro. Dende o vindeiro sábado, Puchades, meritorio Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela, será aínda mais noso.

Suso Fernández é cronista oficial de Foz.

opinión

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Juan Puchades pasará á historia con Mondoñedo