«Despois da experiencia, todos deberiamos escribir un libro»

Y. García BURELA/LA VOZ.

A MARIÑA

«Soños chuchados en apreixos furtados» é o título da súa primeira publicación, que se presentou antonte no centro

27 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Alumnos seus, compañeiros do centro e outros invitados arrouparon antonte a Luis Ramilo (Porriño, 1965), profesor no IES Perdouro de Burela, na presentación do seu primeiro libro Soños chuchados en apreixos furtados.

-É un libro autoeditado.

-Paga un todo, hai que conseguir unha cantidade de diñeiro e unha tirada mínima e a partir de aí, mira...

-¿Como se sinte ao publicar a súa primeira obra?

-Sénteste moi ben no momento en que terminas de facelo, está impreso, pagas, o levas, fixeches o que che apetecía. Só buscabas publicar as historias que se che ocorrían, debuxos e fotografías. Sénteste moi ben. O que veu agora, o da presentación, é como moi grande. Antes estaba todo controlado, pero no momento en que Bernardo Penabade soubo que había un libro, perdín o control del. Gustoulle e leuno e me dixo de presentalo. E cos compañeiros foi magnífico, organizando todo. Algúns exemplares a ver se os colocamos nalgunha libraría e se reenvía a algunha editorial, pero eso xa sería demasiado, que te chamaran. Nunca se sabe. Despois da experiencia, todo o mundo debería escribir un libro. A veces falando coa xente vexo que ten un montón de historias e non se pon a escribilas. Moitísima xente podería dar o paso. Ou mesmo na clase ves a imaxinación que teñen os rapaces, que non lles guste estudar é outra cousa.

-O xerme do libro foi a súa experiencia nun centro de Vigo.

-Nun colexio de educación especial, con nenos con deficiencias psíquicas e físicas. Iso é como naceu a idea. O título fala de apertas porque chegar ao colexio, eles che abrazaban e che preguntaban como te chamabas e a partir diso te abrazaban, collían das mans, se axudaban uns a outros, incluso cando andaban tristes... para todos os que dimos clase alí foi unha experiencia incrible, con moito medo o primeiro ano pero despois con ganas de non marchar. Con eles tamén traballabamos con contos e plastilina. Este libro é así, plástico-literario.