En nove anos de actividade proxectaron 34 longametraxes

La Voz

A MARIÑA

23 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A primeira proxección do Cineclube Os Matos, na sala Mon, tivo lugar o 4 de decembro de 1995, cun filme español de 1951, Cielo negro , dirixida por Manuel Mur Oti e protagonizada, entre outros, por Fernando Rey. A última sesión, dedicada á curtametraxe galega, foi o 12 de xuño de 2004, na Casa da Cultura. Naquela despedida pasaron A Subela , de Luis Avilés; As loiras os prefiren cabaleiros , de Alex Sampayo; Trofeo , de Xosé Alvarez García; Os Crebinsky , de Enrique Otero; A escola das areas , de Tomás Conde e Virginia Curiá; e Taxia , da David Robles, seleccionadas por Os Matos e a empresa Mr Misto Films para esta ocasión tan especial.

Nos máis de nove anos de actividade do cineclube proxectáronse 34 longametraxes e as curtas citadas. Alfredo Llano destaca títulos como Dersu Uzala (El Cazador) , de Akira Kurosawa, de 1975; Estación Central de Brasil , a historia dunha antiga mestra que se gaña a vida escribindo cartas para persoas analfabetas que llo piden, que proxectaron en versión orixinal; ou Carretera perdida , de David Lynch.

Outras películas incluidas no cartel do cineclube foron La edad de la inocencia , La vida de Bryan , Fort Apache , Retorno al pasado , Criaturas feroces , Pulp Fiction , El cartero y Pablo Neruda , Tesis , Secretos y mentiras , Caza al terrorista , a galega Sempre Xonxa , Sé quién eres , You are the one , El bosque animado , La mandolina del Capitán Corelli , Los Santos Inocentes , La vida es bella , Hora punta , French Kiss ou Forrest Gump .