Conversa para afondar na figura e na obra de Uxío Novoneyra

La Voz CERVO/LA VOZ |

A MARIÑA

14 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Os colectivos Os Aventados e Airiños do Xunco celebran xuntos o Festival Letras Galegas, do domingo, no auditorio de Sargadelos. Alí poderanse oír melodías doutros poetas galegos, cantadas polas foces de Joany e Marka, cun recital en homenaxe ao Día das Letras Galegas. Antes, haberá unha conversa en torno á figura e á obra de Uxío Novoneyra, «un home progresista comprometido, que tivo marabillosas coincidencias con poetas mariñáns como Carlos Oroza e Manuel María, que fixo de cada paso polas rúas compostelás un verso pola liberdade e a conciencia social, e de aí a súa amizade con Rafael Alberti», suliña Pablo Mosquera, presidente de Os Aventados.

Música en San Cibrao, o luns

A coral Terra-Mar e Pandereteiras de Andrade (Vilalba) actuarán o luns, día 17 de maio, no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao. Será ás 19.00 horas. E o venres, día 21, ás 19.00 horas, Caramuxo Teatro interpretará aos populares Os bolechas, tamén no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao.